fachada
(< 2 facha)
-
s
f
[ARQUIT/CONSTR]
-
Cara exterior da parede dun edificio. As construcións entre medianeiras teñen dúas fachadas, unha anterior e outra posterior, e nos edificios a catro ventos hai catro. Nalgunhas ocasións o termo fachada interior emprégase cando a construción presenta unha superficie grande nun patio ou xardín interior. Dende un punto de vista estrutural, existen fachadas resistentes, cando aguantan o peso dos teitumes, e fachadas que simplemente pechan o edificio amodo dun pano. Destas destacan os muros cortina, onde a fachada se reduciu a un paramento de vidro cos soportes metálicos necesarios e que forma unha unidade de arriba a abaixo da casa.
Confrontacións: face. -
Parte exterior e principal dun edificio.
Confrontacións: face.
-
-
s
f
Aparencia de algo ou alguén que non se corresponde coa realidade.
Ex: A súa bondade e simpatía era todo fachada.