facsímile

facsímile

(

  1. s m
    1. [GRÁF/ARTE]

      Reprodución fiel dun escrito ou dun debuxo por medio de diversos procedementos. Erroneamente, o termo aplicouse ás estampas do s XIX que se obtiñan coa técnica da xilografía; sen embargo, o procedemento manual de realización dun gravado nunca é un facsímile.

    2. [FILAT/NUMIS]

      Imitación, realizada con autorización oficial, dun selo de correos ou calquera outra peza filatélica ou numismática. Para evitar a fraude, débese advertir a súa condición coa impresión da palabra facsímile na reprodución ou confeccionalos cun tamaño distinto ao orixinal.

  2. s m [TECNOL/COMUN]
    1. Procedemento de transmisión a distancia, mediante ondas hertzianas ou liñas telegráficas, de documentos en branco e negro.

    2. Documento transmitido por facsímile.

Palabras veciñas

facorriazo | facorrio | facsimilar | facsímile | Facta, Luigi | factible | facticidade