fada

fada

(

  1. s f

    Ser fantástico, representado con figura de muller, a quen se lle atribuían poderes sobrenaturais, como o de adiviñar o futuro ou influír no destino dos homes.

  2. s f [ETN]

    Destino ou sorte dunha persoa. Adquírese por unha serie de circunstancias como unha maldición temporal ou definitiva, o bautizo co óleo dun defunto ou mesmo pode estar determinada pola data de nacemento. Unha vez que se adquire non hai xeito de escapar dela ata que se cumpre, aínda que se poden celebrar certos ritos para agochar o tempo de fadario. Así, por exemplo, un lobishome pode vir provocado por unha mala fada e un pai pode fadar os seus fillos, tal e como acontece nun relato de Vicente Risco onde se fala dunha rapaza comellona á que o pai lle bota unha fada e anda durante unha longa temporada polo monte como capitana dos lobos. Aínda que as máis das veces ten un carácter maléfico e negativo, existen tamén fadas positivas; así se reflicte nas expresións populares “Boas fadas te fadaron” ou “Nacer con boa fada”. Na tradición oral recóllense ditos como: “Coa auga do cu, lávoche a cara para que Deus che quite a mala fada. Boas augas te laven e boas fadas te faden. Nunca a mala fada deixa de ter compaña”.

Frases feitas

  • Botar unha mala fada. Botar unha maldición a alguén.

  • Malas fadas te faden! Maldición que se lle bota a alguén.

  • Ser poucas as malas fadas. Expresión que se usa para indicar que alguén está a piques de rematar algo.

  • Ter mala fada/Ter a fada do demo. Expresión que se usa para indicar que unha persoa ten mala sorte e que vai ser desgraciada en todo o que faga.

  • Ver a alguén unha mala fada. Expresión que se usa para indicar que un enfermo non acaba de sandar ou sofre un fado adverso.

Palabras veciñas

facundo -da | Facundo, san | FAD | fada | Fadamorgana | fadar | fadario