fado
(
-
s
m
Forza impersoal, con frecuencia divinizada, que na Antigüidade expresaba a inelutabilidade do futuro, sexa cósmico ou con máis frecuencia, histórico ou persoal. Dende as orixes do mundo grego definíronse dúas concepcións que se desenvolveron máis tarde en Roma: dunha banda, o fado como destino, consistente nunha forza suprema irracional e, polo tanto, imprevisible e cambiante; e doutra, como a lei impersoal superior aos deuses e aos homes, que é a derradeira garantía de racionalidade no cosmos. Nas relixións monoteístas e no cristianismo, o concepto dun fado cego e inexorable non foi aceptado, e substituíuse polo da providencia divina que expresaba a vontade de Deus que coida dos seus homes.
-
s
m
[MÚS]
Canción popular portuguesa, polo xeral acompañada por unha guitarra, de carácter melancólico. De orixe incerta, tivo gran sona no s XIX e no s XX. Hai dúas correntes fadistas: a procedente de Lisboa, máis intimista e sentimental, e a de Coimbra, máis académica e que reflite as tradicións universitarias desa cidade. Entre os intérpretes de fado destacan Amália Rodrigues, Carlos do Carmo, Misia e Dulce Pontes.