epitalamio
epitalamio
(
s
m
[LIT]
Poema nupcial escrito con métrica diversa. Hai mostras en libros do Antigo Testamento, pero as máis interesantes da Antigüidade son os epitalamios gregos, sobre todo os de Safo, Teócrito e Anacreonte, mentres que na literatura latina os máis notables pertencen a Catulo. No Renacemento adquiriu un novo impulso, que continuou con posterioridade.