EXXON Corporation

EXXON Corporation

Empresa norteamericana de produtos petroleiros con sede en Nova York. Foi fundada en 1882 co nome de Standard Oil Company of New Jersey e pertenceu ao Standard Oil Trust. Trala disolución da compañía cambiou a súa denominación (1972) e comercializou nos EE UU os seus produtos coa marca EXXON, mentres no exterior seguía a empregarse a marca ESSO, cuñada para Europa en 1888.