Faetonte
Faetonte
[MIT]
Heroe mitolóxico, fillo do Sol e da ninfa mariña Clímene. Cando chegou á adolescencia, a súa nai reveloulle quén era o seu pai; daquela, o mozo pediulle ao Sol que lle deixase guiar o seu carro e seguiu o camiño trazado na bóveda celeste. Pero chegou un momento en que, amedrentado pola altura e pola visión dos animais que representaban os signos do zodíaco, descendeu e a piques estivo de queimar a Terra. Noutro intento, pola contra, subiu tanto que os astros queixáronse a Zeus e este, para evitar unha loita universal, precipitouno no río Erídano.