faisán

faisán
Nome científico: [Phasianuscolchicus, Fam dos fasiánidos]
s m [ANIMAL/ORNIT]

Ave de ata 88 cm de lonxitude, de cola longa e apuntada, con 87 cm de envergadura e preto de 2 kg de peso. Os machos, máis grandes ca as femias, presentan cores moi vivas, con tons azulados, violáceos e verdes, a cabeza e o pescozo negros, e o peteiro de cor branca. As femias son de cor acastañada clara e os ollos teñen circundados de vermello. Aliméntanse principalmente de sementes, follas e invertebrados. Habitan preferentemente pasteiros e cultivos con abundantes sebes. Son aves terrestres e corredoras que aniñan no chan pero descansan, as máis das veces formando grupos nas árbores. Durante o período de reprodución o macho defende un territorio onde hai varias femias. Orixinarias de Oriente Medio, foron introducidas na Península Ibérica en tempos do Imperio Romano. Existen poboacións illadas en Galicia e noutros puntos do norte que se reforzan periodicamente por reintroducións, debido ao interese cinexético da especie.