falaropo
falaropo
(
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave limícola, da familia dos escolopácidos, de pescozo e patas longas, pés lobulados, ás rematadas en punta, e peteiro fino e longo. As femias teñen a plumaxe de cores máis rechamantes ca os machos, que son os encargados de sacar adiante os pitos. Aves moi nadadoras, deixan os medios húmidos do N de Europa onde crían e saen ao mar. En Europa están presentes as especies: falaropo de Wilson (Phalaropus tricolor), falaropo bicofino (Phalaropus lobatus) e falaropo bicogroso (Phalaropus fulicarius).