falibilismo

falibilismo

(

s m [FILOS]

Doutrina filosófica que afirma que as pretensións de coñecemento científico son sempre vulnerables e en ocasións ata falsas. Nega o carácter verdadeiro das teorías científicas e afirma que estas tan só teñen certa probabilidade de ser verdadeiras. Céntrase na ciencia natural e en concreto na física teórica. Entre os seus seguidores destacan C. S. Pierce e K. Popper.