falo

falo

(< lat phallu < gr ϕαλλός)

  1. s m [HIST]

    Símbolo do órgano sexual masculino. Na Prehistoria aparece xunto con símbolos femininos e como distintivo sexual en certas figuras, como na representación do cazador ferido da cova de Lascaux (Francia). A súa vinculación aos cultos á fertilidade documéntanse na danza fálica de Cogull na arte levantina; no Ramsés II itifálico de Abu Simbel (Exipto); nos altares lingam de Siva (India); e na América prehispánica nas figuriñas mochica e chimu. Durante a Antigüidade, desprovisto de calquera carácter obsceno, serviu como amuleto protector e localízase, entre outros, nos depósitos fundacionais dalgúns templos sumerios e na utilización de vasos con formas fálicas en determinados rituais de Grecia e Roma. En Roma identificouse co deus Dioniso e utilizouse como protector contra o mal de ollo, de aí a súa presenza nas fachadas das casas e en numerosos amuletos de metal ou coiro. Numerosos pobos primitivos continúan a renderlle culto en ritos vinculados coa fertilidade agrícola, gandeira e dos grupos humanos.

  2. s m

    Membro viril en erección.

Palabras veciñas

falmaguento -ta | falmega | FALN | falo | falocracia | falócrata | falocrático -ca