fame

fame

(

    1. s f [FISIOL]

      Desexo moi intenso de comer, a miúdo ligado a unha sensación de baleiro ou de contracción do estómago. Se non se satisfai produce unha sensación de debilidade, de decaemento e dor de cabeza. A regulación da sensación de fame está no centro da saciedade do hipotálamo, sensible á dispoñibilidade de glicosa no sangue. Tamén inflúen factores psicolóxicos, especialmente reflexos condicionados e hábitos. Na tradición oral recóllense ditos como: “A boa fame non hai pan duro. A boa fame non hai pan reseso. A fame esperta o enxeño. A fame, en comendo pasa. A pan de quince días, fame de tres semanas. Cando a fame pica sabe ben a bica. De fame non morre ninguén, de moito comer, máis de cen. Despois de que toquen a aleluia, o que teña fame que a sacuda. Fame e espera, desespera. Fame e esperar, fai reloucar. Fame e frío entregan o home ao seu inimigo. Fame longa non é reparona. Fame que agarda fartura non é fame. Fame que espera fartura pouco dura. Fame, sede e frío, meten o home no presidio. Fame, sede, miseria e frío, meten o home na casa do seu inimigo. Máis vale fame con pan, que fame sen pan. Mala é a fame cando non ten que comer. Nin con toda a fame á arca, nin con toda a sede á cántara. Para a moita fame non hai pan podre. Se queres engordar, come con fame e bebe de vagar.”

    2. fame dolorosa [PAT]

      Dor no epigastrio que se presenta cando o estómago está baleiro. É característico da úlcera duodenal.

    3. fame oculta [MED]

      Necesidade fisiolóxica dos hipoalimentados, que non ten tradución sensorial.

    1. s f

      Escaseza de alimentos.

      Ex: A fame asolou a vila na década dos vinte.

    2. fame negra [HIST]

      Escaseza grave e xeneralizada de alimentos. Pode deberse a causas naturais (condicións climáticas desfavorables ou desastres naturais), ou humanas (guerras, invasións). Consecuencias sociais da fame son, entre outras, a migración das poboacións na procura da subsistencia e o agravamento da conflitividade social. A fame crónica e a malnutrición xeneralizada son resultado dunha situación estrutural, cunha mala distribución dos alimentos e un crecemento desproporcionado da poboación. O cambio climático do s XVIII e a introdución gradual de melloras técnicas reduciron a incidencia das fames, que continúan a ser persistentes nos países subdesenvolvidos.

  1. s f

    Desexo intenso de cousas non materiais.

    Ex: A súa fame de vitorias fixo que chegase a este novo equipo.

Frases feitas

  • Apagar/Matar a fame. Saciar as ganas de comer.

  • 2 Ser moi pobre.

  • Fame negra/canina/de can. Moita fame.

  • Matar coa/de fame. Dar pouco de comer.

  • Morrer/Rabear coa/de fame. Ter moita fame.

  • Ou e fame ou sono ou defecto do dono. Expresión que se aplica a unha persoa que bocexa.

  • Pasar máis fame ca un can de caza/ca un mestre de escola. Pasar moita fame.

  • Ser máis listo ca a fame. Ser moi intelixente.

  • Ser un morto de fame 1 Aplícase a quen está na miseria pero aparenta vivir ben.

  • Ter a fame laceira. Estar moi fraco.

Refráns

  • A alforxa do pobre con todo pode.
  • A boa fame non hai pan duro.
  • A boa fame non hai pan resésigo/reseso.
  • A fame desperta o inxenio.
  • A fame, en comendo, pasa.
  • A malas ceas e a malos almorzos, encóllense as tripas e alárganse os pescozos.
  • A pan de quince días, fame de tres semanas.
  • Adoece, can, porque non che dan pan.
  • Ben xexúa o que mal come.
  • Cabra morta de fame non a viu "naide".
  • Cando a fame pica, sabe ben a bica.
  • Cando a necesidade é moita, sabe ben a boroa.
  • Cando a raposa anda aos grilos, mal para a raposa e peor para os seus fillos.
  • Cando como, non coñezo; cando acabo de comer, comezo a coñecer.
  • Cando un lobo come a outro, non hai que comer no souto.
  • Con malas ceas e malos almorzos encóllense as tripas e alónganse os pescozos.
  • Con malas ceas e ruíns xantares crecen os ósos e minguan as carnes.
  • De fame non morre ninguén; de moito comer, máis de ceno
  • Fame e espera desespera.
  • Fame e esperar fai reloucar.
  • Fame e frío entregan o home ao seu inimigo.
  • Fame longa non é reparona.
  • Fame que agarda fartura non é fame.
  • Fame que espera fartura pouco dura.
  • Fame, sede e frío meten o home no presidio.
  • Fame, sede, miseria e frío meten o home na casa do seu inimigo.
  • Gando fraco todo é carrachas.
  • Inventa máis un famento que cen avogados.
  • Lobo famento non ten asento.
  • Máis vale fame con pan que fame sen pan.
  • Mal que cura comendo, ben o entendo.
  • Mala é a fame, cando non ten qué comer.
  • Na barriga baleira todo é laceira.
  • Na casa onde non hai fariña nin relón, todos rifan e todos teñen razón.
  • Na ruín terra antes vén a fame cá cereixa.
  • Non sabe o que é comer, o que non come.
  • O ano famento sempre é longo e estreito.
  • O burro do xitano, en vendo o pan, alonga o paso.
  • O can baila polo pan.
  • O famento nunca anda contento.
  • O famento, por mesquiño, sempre anda descontento.
  • O lobo famento non pode estar contento.
  • O mal do miñato: as ás crebadas e o bico sano.
  • O que ten fame e non come, é porque non pode.
  • Pan balorento alegra ao famento.
  • Pan, viño e carne quitan a fame.
  • Para a gana de comer non hai mal pan.
  • Para a gana de comer non hai pan duro.
  • Para a gana de comer non hai pan resésigo.
  • Para a moita fame non hai pan podre.
  • Para a moita fame non hai pan resésigo.
  • Vale máis pouco pan duro que fame de nove días.

Palabras veciñas

Famagusta | Famagusta | Famatina | fame | famélico -ca | Famenne | Famenniano