fanariota
fanariota
(< topónimo Fanar)
-
adx
Relativo ou pertencente ao barrio de Fanar ou aos seus habitantes.
-
s
Habitante de Fanar.
-
adx
[HIST]
Aplícase á aristocracia grega que habitaba o barrio de Fanar e que, grazas á súa habilidade comercial, tivo unha posición privilexiada dentro do Imperio Otomano, chegando a ocupar algúns dos seus membros cargos importantes nos distintos gobernos turcos, ata a Guerra de Independencia grega (1821). Trala caída do Imperio Otomano convertéronse na elite intelectual de Istambul.