fanerófito -ta

fanerófito -ta

(

adx e s m [BOT]

Aplícase ao tipo de forma vital das plantas, normalmente leñosas, con gromos perdurantes e persistentes durante a época desfavorable, situados a máis de 25 cm do chan. Os fanerófitos consitúen unha das formas biolóxicas da clasificación de Raunkjaer; segundo a súa altura, distínguense os nanofanerófitos, de ata 2 m, os microfanerófitos, de 2 a 8 m, os mesofanerófitos, de 8 a 30 m, e os megafanerófitos, de máis de 30 m.

Palabras veciñas

fanerito | fanero- | fanerocristalino -na | fanerófito -ta | fanerogamia | fanerogámico -ca | fanerogamista