fasímetro

fasímetro

(

s m [METROL]

Aparato para medir a diferenza de fase φ entre dúas magnitudes eléctricas alternas da mesma frecuencia, como é o caso de dúas tensións ou dúas correntes dun sistema polifásico, ou do desfasamento entre a tensión e a corrente nunha mesma fase. Pode indicar o ángulo ou, máis correntemente, o coseno (cos φ).