fatum*
-
s
m
[MIT]
Deus romano do destino. Por influxo da relixión grega, designou as diferentes divindades do destino, como as Moiras, Parcas e Sibilas.
-
s
m
[FILOS]
Na filosofía antiga designaba o destino irrevocable, o fado ou fatalidade, aquilo que debe acontecer en virtude dunha necesidade cega. Esta idea, común no nacemento da cultura occidental, foi progresivamente superada no proceso que se coñece como o paso do mito ao logos, arredor dos ss VII-VI a C. O pensamento mítico contemplaba a posibilidade da existencia dun fatum tráxico escrito de antemán que estaría por enriba das persoas, das situacións e da natureza. Máis, no momento en que se introduciu o pensamento racional, o logos ou filosofía, a posibilidade do fatum quedou desbotada, posto que todo ten unha explicación lóxica e non existe o destino. Malia todo, os filósofos estoicos defenderon a necesidade de procurar a paz interior ante un destino inevitable. Un dos filósofos modernos que máis se ocupou do fatum foi G. W. Leibniz na súa obra Ensaios de Teodicea.