Fayyūm, retratos de Al-

Fayyūm, retratos de Al-

Retratos funerarios pintados á encáustica e dende o s IV d C á témpera, sobre fondo branco. Substitúen a máscara funeraria das momias e reflicten a tradición de situar un retrato do morto sobre o cadáver. Localizáronse a finais do s XIX na necrópole de Arsinoe (Al-Fayyūm). Aínda que non se pode precisar a súa data con exactitude, sitúanse na época romana, entre os ss I e V. Teñen unha gran calidade artística e unha forte expresividade. Atopáronse tamén teas de la ou liño (ss III-IV), con decoración en branco e negro ou cor que pertencían aos vestidos do defunto.

Palabras veciñas

Fayrfax, Robert | Fayyūm, Al- | Fayyūm, Al- | Fayyūm, retratos de Al- | fazada | fazado -da | fazaña