Heroe epónimo dos feacios, fillo de Posidón e da ninfa Corcira. Reinou na illa de Corcira (Corfú) e tivo dous fillos, Alcínoo, o seu sucesor, e Locro, epónimo dos locrios.