Federación Republicana Gallega

Federación Republicana Gallega
Nome científico: [FRG]

Partido político de carácter republicano federal e galeguista. Fundouse o 16 de marzo de 1930 froito dunha alianza entre a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e Alianza Republicana, que asinaron conxuntamente o chamado Pacto de Lestrove. O documento de fundación foi asinado por Santiago Casares Quiroga, Antón Villar Ponte, Luís Seoane e Xerardo Abad Conde, entre outros. O obxectivo da FRG era a instauración en España dunha República democrática e a loita pola autonomía de Galicia. Trala proclamación da Segunda República Española, convocou unha grande asemblea, en maio de 1931, co propósito de debater a elaboración dun estatuto de autonomía para Galicia. Nas eleccións de xuño dese mesmo ano, obtivo 14 representantes nas Cortes. Nas Cortes, as escisións de varios deputados, disconformes co liderado exercido por Casares Quiroga, que converxía co republicanismo español de Manuel Azaña, fixeron diminuír a súa influencia, feito que se comprobou nas eleccións seguintes, cando a FRG soamente obtivo 3 deputados. Trala contenda electoral, pasou a denominarse Partido Republicano Gallego (1932), que logo se integrou en Izquierda Republicana.