Federal Theatre Project

Federal Theatre Project
Nome científico: [FTP]

Programa de descentralización teatral que se iniciou en 1935 e que constituíu a primeira iniciativa de financiamento público das artes escénicas en EE UU. Dirixido pola directora Hallie Flanagan, tiña como obxectivo ofrecer traballo aos profesionais da escena afectados pola crise económica e promover a difusión dos produtos escénicos en todo o territorio estadounidense, con espectáculos para todo tipo de públicos, desde a infancia e a mocidade ata as minorías lingüísticas emigrantes. Nas diferentes unidades de produción que se estableceron atópanse artistas notables como Orson Welles, Arthur Miller, Paul Green ou Elmer Rice. Produciu centos de espectáculos que foron contemplados por decenas de millóns de espectadores, e na maioría deixábase sentir unha lectura crítica da realidade social e política dunha época chea de conflitos e transformacións, e esa foi a causa de que en xuño de 1939 o Congreso dos EE UU cancelase o proxecto e acusase aos seus promotores e directores de esquerdismo. Esta primeira iniciativa descentralizadora tivo continuidade nos anos cincuenta e sesenta coa aparición do teatro residente.

Palabras veciñas

federal | Federal Art Project | Federal Reserve System | Federal Theatre Project | Federal, El | federalismo | Federalist Party