Feixoo
Feixoo
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Celanova, en Bamio (Santo Eusebio da Peroxa, Coles), Vilar de Cas (Souto de Limia, Muíños), Vilanova dos Infantes (Celanova) ou Allariz, de onde pasaron ao Novo Reino de Granada. As súas armas levan, en campo de goles, unha espada de prata, coa punta cara a arriba, gornecida de ouro, acompañada de seis besantes de ouro, tres a cada lado, postos en pao. Adoita aparecer castelanizado coa forma Feijoo.