fenomenalismo

fenomenalismo

(

s m [FILOS]

Doutrina filosófica que afirma que os obxectos son reducibles ás experiencias sensoriais ou que os enunciados sobre obxectos físicos poden analizarse en termos de enunciados fenoménicos que describen experiencias sensoriais. A miúdo é equivalente á negación da metafísica e da substancialidade. No s XX, os principais defensores desta concepción foron J. Ayer e C. I. Lewis, que afirmaron que o contido dun enunciado sobre un obxecto físico non envolve a apelación a contidos, datos ou experiencias sensoriais. Tamén se denomina fenomenismo.