fenotiocarb

fenotiocarb
Nome científico: [N,N-dimetiltiocarbamatode S-(4-fenoxibutilo)]
s m [QUÍM/AGR]

Composto químico que pertence ao grupo dos carbamatos e que actúa como acaricida por contacto sobre ovos, larvas e individuos adultos. Está autorizado en cítricos (agás limoeiros) e outras árbores froiteiras, aínda que nestas últimas presenta problemas de fitotoxicidade se se aplica despois da parada invernal.