Feralias
Feralias
Festividade relixiosa que se celebraba entre o 13 e 21 de febreiro en honor dos mortos. Coñecidas tamén como Parentalias e dedicadas a Xúpiter Feretrio, durante este período non se practicaba ningun outro culto e estaban prohibidos os negocios e os matrimonios.