Fermat, principio de
Fermat, principio de
[FÍS]
Principio da óptica xeométrica que establece que o camiño óptico que percorre un feixe luminoso entre dous puntos ten un valor extremo, máximo ou mínimo, respecto a calquera outro camiño óptico que se poida considerar entre estes dous puntos. Como consecuencia, o tempo que o feixe luminoso tarda en ir dun punto a outro é mínimo.