Fernández de Temes

Fernández de Temes
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se estableceu en Arcos (Chantada) e en Cartelos (Carballedo). Unha rama pasou a Andalucía e deu orixe aos Fernández de Córdoba. As súas armas primitivas levaban cinco taus, pero as máis estendidas traen, en campo de goles, tres faixas de ouro, superadas por unha tau (ou cruz de santo Antón), do mesmo metal; ás veces, invirten os esmaltes, en campo de ouro, tres faixas de goles, superadas por unha tau, de goles. Outra variante presenta, en campo de ouro, tres bastóns de goles, arrimados e postos en pao, superados dunha cruz de santo Antón, da mesma cor.