ferrato
ferrato
(
s
m
[QUÍM]
Cada un dos sales que derivan formalmente do hipotético ácido férrico (H2FeO4). Obtéñense os ferratos pola acción do cloro sobre o hidróxido férrico, en presenza de álcali, segundo a ecuación de reacción Fe(OH)3+5KOH+3/2Cl2 "Times New → K2FeO4+3KCl+4H2O. Son pouco estables, e a alta temperatura descompóñense, con liberación de osíxeno. Nos ferratos o ferro actúa como hexavalente.