gabardina

gabardina

(

  1. s f

    Peza de vestir de tecido lixeiro e impermeable que se utiliza para protexerse da chuvia.

    Confrontacións: chuvasqueiro, impermeable.
  2. s f [TÉXT]

    Tecido, de estame, algodón ou seda, con ligadura en sarga. Os fíos da urda adoitan ser finos e de dous cabos e a trama máis grosa. A densidade da urda é inferior á da trama, o que fai que a diagonal da sarga quede moi dereita. Emprégase na confección de pezas de abrigo, xeralmente impermeables (caso no que se lle dá un acabado hidrófugo). As de seda empréganse para vestidos ou abrigos lixeiros.

Palabras veciñas

gabanza | Gabaon | gabar | gabardina | gabarra | gabarreiro | gabarro