gabián
gabián
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave rapaz de entre 28 e 38 cm de lonxitude e 60 e 80 cm de envergadura, de alas relativamente curtas e redondadas e cola longa. Teñen a plumaxe das partes superiores de cor cinsenta escura e as inferiores claras con manchas castañas transversais. As femias son de maior tamaño. Aliméntanse principalmente de pequenas aves. Aniñan en plataformas en árbores. Habitan zonas forestadas onde sorprenden as presas cun voo áxil e rápido.
-
s
m
[BOT]
Órgano vexetal con aspecto de talo moi delgado, de orixe foliar ou caulinar, que grazas ao seu acusado haptotropismo agárrase a calquera soporte e enróscase en hélice sobre el, de xeito que permite que a planta gabee.