gaceta

gaceta

(

s f [PUBLIC]

Publicación periódica que dá noticias políticas, literarias ou doutro tipo. Como folla informativa oficial, a Gacette de France (1631) serviu de modelo a outras publicacións semellantes en Europa, como a Gaceta de Madrid (1661). Posteriormente, o termo reduciuse case exclusivamente para designar as publicacións periódicas dedicadas a algunha rama da literatura, da arte ou da administración.