gaiteiro -ra
gaiteiro -ra
(< gaita)
-
s
Persoa que toca a gaita. Na tradición oral recóllense ditos como: “O bo gaiteiro sempre foi bo casamenteiro. Ao gaiteiro que toca, un oitavo para que empece e dez para que acabe”.
-
adx e s
Aplícase á persoa excesivamente alegre e de carácter pouco serio e inconstante.
-
gaiteiro do demo
[ANIMAL/ENTOM]
Denominación que reciben os odonatos na fase adulta, especialmente os pertencentes á suborde dos zigópteros.
Refráns
- O bo gaiteiro sempre foi bo casamenteiro.