Galacia

Galacia

Antiga rexión situada no centro de Asia Menor, que se estendía por Frixia e Capadocia, dominada polos celtas gálatas desde o 278 a C. Trala vitoria dos romanos en Magnesia (189 a C) converteuse nun estado autónomo pero fiel a Roma. Provincia romana dende o 25 a C, máis tarde incluíu partes do Ponto e da Paflagonia. No s I san Pablo evanxelizou o S da rexión. Baixo o goberno de Vespasiano engadíronselle os territorios de Capadocia e Armenia (72). A súa extensión reduciuse durante Traxano e Diocleciano.