Galán, Sala de Teatro
Galán, Sala de Teatro
[ESPECT]
Sala de teatro cun aforo aproximado de cen localidades que foi creada en 1993 pola compañía Matarile Teatro. Realiza unha actividade moi diversa que vai desde a organización de cursos de formación ata a presentación das máis diversas experiencias e propostas escénicas, normalmente relacionadas coas novas tendencias e a procura de novas linguaxes artísticas e escénicas. Na súa programación teñen especial relevancia os espectáculos de teatro alternativo, de teatro e danza, e de vídeo e teatro, amais da exhibición das producións da compañía titular e doutras compañías galegas e peninsulares.