Galegos, pazo de

Galegos, pazo de

Construción situada en Galegos (Frades). A vivenda ten planta rectangular cunha capela engadida en 1950, que outorga ao conxunto a planta en forma de L. Na fachada do edificio consérvase un brasón que alude aos Novoa, Luaces e Enríquez. Os escudos do portón de entrada fai referencia aos Montenegro, Mosquera, Andrade, Bermúdez, Ribera, Salgado e Gaioso. Nunha inscrición localizada no portón alúdese á estancia de Mariana de Neoburgo na súa viaxe da Coruña a Santiago de Compostela en 1609. Está ocupado por unha comunidade relixiosa que o recibiu en doazón.