fototipia
fototipia
(< foto- + grτυπία, de τύπος ‘tipo,copia’)
-
s
f
[GRÁF]
Procedemento de impresión que emprega como matriz unha placa de vidro cuberta de xelatina bicromatada que, unha vez tratada, recibe a tinta nas partes secas e a rexeita nas que teñen estado humedecidas. É o máis perfecto dos sistemas de impresión.
-
s
f
[IND/ARTE]
Procedemento creado por Alphonse Poitevin en 1855 que consistía en colocar xelatina bicromatada baixo un negativo, que se volvía máis insoluble naquelas partes que estaban en contacto coas zonas máis transparentes do negativo. Coa impresión as partes máis insolubles retiñan a tinta e plasmábase en tons máis escuros.