fotovoltaico -ca
fotovoltaico -ca
(< foto- + voltaico)
-
adx
Relativo ou pertencente ao efecto fotovoltaico.
-
adx
Aplícase aos dispositivos que se basean no efecto fotovoltaico.
-
célula fotovoltaica
[FÍS]
fotopila.
-
efecto fotovoltaico
[FÍS]
Efecto fotoeléctrico que se caracteriza pola produción dunha fem entre dúas pezas de material diferente que se poñen en contacto e se expoñen á luz ou, en xeral, a unha radiación electromagnética. Este efecto é notable entre un metal e un semicondutor e especialmente nunha unión pn de semicondutores, como o silicio, e constitúe o principio das células fotovoltaicas.