Foucault, correntes de

Foucault, correntes de
[FÍS]

Correntes parasitas inducidas nas pezas metálicas sometidas a un fluxo magnético variable. Aínda que nalgúns casos son útiles, normalmente procúrase eliminalas ou reducir os seus efectos e substituír as pezas macizas sometidas ao campo magnético por outras constituídas por un amontoamento de láminas delgadas vernizadas por unha cara e orientadas adecuadamente.