fráncico -ca

fráncico -ca

(< 2 franco)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao fráncico.

  2. s m [LING]

    Lingua do xermánico occidental, falada polos francos. Os seus dialectos antigos eran o ripuario, o do Mosela, o renano, o meridional e o do leste. No dominio galorrománico influíu, segundo algúns romanistas, sobre a diferenciación do francés respecto ao occitano, na ditongación en sílaba libre, na aspiración do h- ou en certas palabras, entre outros trazos.