Francos, castro de

Francos, castro de

Situado en San Xoán de Calo (Teo), aséntase no alto dun pequeno outeiro. Está composto por unha pequena acrópole, que recibe o nome de Eira dos Mouros, de forma circular na que se constatan na súa parte central restos de antigas construcións (posiblemente a torre e a fortaleza). O recinto está rodeado por unha muralla de 2 m de largo na súa parte máis ancha e unha altura máxima de 3 m e mínima de 1,70 m. Entre as pedras que a constitúen, foi encontrada unha duns 50 cm de longo e uns 32 cm de ancho, onde aparecen gravados catro círculos concéntricos cunha pequena cova central e dúas amodo de raios que saen do centro da composición. A única entrada sitúase na cara N e ao pé dela foron achadas dúas pedras graníticas perforadas nos extremos, nas que talvez se encaixaban as portas. No interior do recinto encontrouse a esculturas dunha cabeza humana fóra de calquera contexto arqueóloxico, pero que segue os modelos das escultura de guerreiros castrexas; un tesouro de doce moedas e unha medalla no que destacan as moedas do tempo do Emperador Cómodo; e unha serie de restos cerámicos de tradición indíxena. Nos arredores do castro localízase a ponte romana de Paradela e as vías romanas que unían Bastabales con Luou e Santiago con Iria Flavia.

Palabras veciñas

Francos | Francos | Francos Arango, Alonso Francisco | Francos, castro de | francotirador -ra | Francoville | frangulina