Franqueira

Franqueira
  1. [ONOM]

    Antropónimo, posiblemente relacionado con francos, quizais como resultado dunha antiga colonización. A Nosa Señora da Franqueira ten un santuario na Cañiza e é avogosa de todos os perigos de morte. A súa festividade celébrase nas Pascuíñas o 8 de setembro. Na tradición oral recóllense ditos como: “Miña Madre da Franqueira, / non vos veño pedir pan: / véñovos pedir un home / que faga tremer o chan”, “Virxe da Franqueira, / estrela do Norte,/ aquí lle traemos / quen estivo á morte”, “Virxen da Franqueira, na pedra labrada, de viñas e prados arreda a xeada”.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae por armas, en campo de sinople, un castelo de prata, aclarado de goles e, saíndo da súa homenaxe, un brazo armado, cun pan de ouro na man; en forma de orla, cinco pans de ouro.