fraternidade

fraternidade

(< latfraternĭtāte)

  1. s f

    Unión, entendemento e cariño entre irmáns ou entre os que se tratan como tales.

    Ex: Sería marabilloso poder alcanzar a fraternidade e a igualdade entre todos os países. Esta vila é un claro testemuño de fraternidade.

    Confrontacións: confraternizar.
  2. s f [RELIX]

    Asociación relixiosa creada ao redor dunha igrexa, santuario ou comunidade monástica para facer participar os seus membros, laicos ou relixiosos, dos seus bens espirituais e temporais.

  3. s f [HIST]

    Relación que existe entre aquelas persoas que están colectivamente comprometidas nun proxecto común. Considérase un vínculo emocional que relaciona de diversos modos os individuos que comparten un mesmo sentimento nacional ou no caso do marxismo un mesmo sentimento de clase.

  4. fraternidade de armas [HIST]
    1. ínculo que se establecía entre dous cabaleiros, ás veces solemnizado cunha cerimonia relixiosa, e polo que se xuraban defensa mutua, o reparto do botín e fidelidade recíproca.

    2. Relación que une os que combateron xuntos por unha mesma causa.

Palabras veciñas

frasqueta | fraterna | fraternal | fraternidade | fraternizar | fraterno -na | fratría