frecuencia

frecuencia

(< lat frequentĭa)

  1. s f
    1. Repetición dun acto, feito ou suceso.

      Ex: Enfema con frecuencia.

    2. Número de veces en que algo se repite.

      Ex: A frecuencia de saída é dun autobus cada hora.

  2. [MAT]
    1. s f

      Cociente nunha distribución estatística dun carácter cuantitativo entre o efectivo dun valor concreto do carácter, ou dunha clase de valores, e o número de individuos que integra a mostra. Se o carácter cuantitativo é discreto, e toma os valores x 1 ,...,x n sobre unha mostra de N individuos, a frecuencia ou frecuencia relativa do valor x i é o cociente f i =n i /N, onde n i é o efectivo do valor x i , é dicir, o número de individuos da mostra que presentan o valor x i do carácter. A representación gráfica da función de distribución x i f i é unha liña poligonal que se obtén ao unir os puntos de coordenadas (x i , f i ), i=1,...,n, denominada polígono de frecuencias. De maneira análoga defínese a frecuencia para unha clase ou intervalo en distribucións continuas.

    2. s f

      Cociente f, nunha serie de N repeticións dunha experiencia na que se estudia a realización ou non realización dun suceso A, entre o número de sucesos en que A ten lugar e o número total de sucesos, N: f=n/N. O número f é a frecuencia ou frecuencia relativa do suceso A.

    3. frecuencia acumulativa

      Suma das frecuencias dos valores do carácter, ou das clases de valores do carácter, anteriores ao valor que caracteriza a frecuencia acumulativa en cuestión, nunha distribución estatística dun carácter cuantitativo. Se o carácter cuantitativo é discreto, e toma os valores x 1 ,...,x n , a frecuencia acumulativa do valor x i é o número F(x i )= i Σf j , onde f j é a frecuencia do valor x j .


      FORMULA


      j=1
      A representación gráfica da función x i F(x i ) é unha curva graduada denominada curva acumulativa ou curva de frecuencias acumulativas. De maneira análoga defínese a frecuencia acumulativa para unha clase ou intervalo en distribucións continuas.

  3. [FÍS]
    1. s f

      Número de períodos ou ciclos completos por unidade de tempo nun proceso periódico. A unidade de frecuencia é o ciclo ou período por segundo (c/s), chamado hertz (Hz)

    2. frecuencia angular

      [ω] Produto da frecuencia dun fenómeno alterno sinusoidal polo factor 2π, ω=2πf. Exprésase en radiáns/segundo. Tamén se coñece como pulsación.

    3. frecuencia ciclotrónica

      Frecuencia angular á que xiran as partículas cargadas electricamente no interior dun ciclotrón.

    4. frecuencia de corte

      Frecuencia, nun filtro, para a que a magnitude de saída, por exemplo tensión, sofre unha atenuación de tres decibelios, é dicir, que o valor da magnitude coincide co seu valor máximo dividido é2.

    5. frecuencia de resonancia

      Frecuencia na que a capacitancia, relación entre a carga e a diferenza de potencial resultante entre dous condutores, é igual á indutancia, relación entre a corrente que percorre o circuíto e o fluxo magnético producido, nun circuíto RLC e, en consecuencia, a intensidade que circula polo circuíto é máxima.

    6. frecuencia imaxe

      Frecuencia capaz de dar a mesma frecuencia intermedia que unha frecuencia determinada, nos sistemas heterodinos.

    7. frecuencia intermedia

      Frecuencia resultante da mestura do sinal recibido co do oscilador local e que é igual á diferenza das dúas frecuencias, nos receptores superheterodinos.

    8. frecuencia lateral

      Cada unha das frecuencias que aparecen simetricamente a cada lado da portadora cando esta está modulada.

    9. frecuencia musical

      Frecuencia audible correspondente á zona de baixas frecuencias, é dicir, ás frecuencias fundamentais nas notas musicais.

    10. frecuencia vocal

      Frecuencia comprendida dentro da banda empregada para a transmisión da fala. Normalmente está limitada superiormente a uns 3.000 ou 3.300 Hz.

    11. frecuencia xiromagnética

      Frecuencia correspondente á rotación dunha partícula cargada que, introducida nun campo magnético uniforme perpendicular á súa velocidade, describe unha traxectoria circular. No caso dun ciclotrón denomínase tamén frecuencia de ciclotrón.

  4. frecuencia modulada [COMUN]

    Modalidade de emisión por radio na que a onda portadora se modula ao variar a súa frecuencia baixo a acción da onda acústica.