free cinema*

free cinema*
[IMAX]

Denominación do grupo cinematográfico inglés formado principalmente por Lindsay Anderson, Karel Reisz e Tony Richardson. Maniféstase en contra do conformismo da produción comercial británica dos anos cincuenta e realizou un cine inspirado na experiencia, na realidade social do momento e no rigor da escola documentalista inglesa. O grupo naceu oficialmente en 1956 cunha serie de curtametraxes. A fundación dunha produtora por parte de Richardson e o éxito comercial de Saturday Night and Sunday Morning (1959), de Karel Reisz, determinou o paso das principais figuras deste movemento ao campo da longametraxe.