freixo

freixo

(< lat fraxĭnu)

s m [PLANTA]

Árbore caducifolia do xénero Fraxinus, da familia das oleáceas, de follas imparipinnadas divididas en folíolos oblongos, de bordo finamente aserrado e froitos en sámara, dispostos en pedúnculos e que permanecen na árbore trala caída da folla. En Galicia están presentes dúas especies: F. angustifolia, de ata 10 m de altura, coa codia fisurada e gromos de cor acastañada, con folíolos sésiles de 3 a 7 cm de lonxitude; e F. excelsior, de ata 20 m de altura, coa codia rugosa e gromos negruzcos con folíolos de 5 a 10 cm de lonxitude, sen apenas pecíolo, é dicir sentados. Teñen unha madeira branda, e a infusión da casca emprégase en medicina tradicional como antipirética e reconstituínte.

Sinónimos

Palabras veciñas

Freixido | Freixido | Freixís | freixo | freixó | Freixo | Freixo