Freixo

Freixo
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se asentou no val de Tortes, en Becerreá. As súas armas traen, en campo de prata, unha cruz latina, de goles; bordo de azul, cunha flor de lis, de ouro, en xefe, e tres aspas, de prata, unha en cada flanco e outra en punta. Outra variante leva, en campo de goles, unha espada de prata, coa punta cara a arriba e arrimada de seis besantes, de ouro, tres a cada lado. Adoita aparecer coa forma castelanizada Freijo.

Palabras veciñas

Freixo | Freixo | Freixo | Freixo | Freixo de Sabardes, O | Freixo, O | Freixo, O