Fries, reacción de
Fries, reacción de
[QUÍM]
Reacción de transposición que ten lugar cando se trata o éster dun fenol con cloruro de aluminio e se converte nunha orto- ou nunha para- hidroxicetona ou nunha mestura destas. A importancia desta reacción en síntese débese ao feito de que os fenois son difíciles de acetilar coa reacción de Friedel e Crafts.