frisón -na
(< topónimo Frisia)
-
adx
Relativo ou pertencente a Frisia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante de Frisia.
-
[ETN/HIST]
-
s
Individuo do pobo frisón.
-
s
m pl
Pobo de orixe xermánica instalado dende a Antigüidade nas costas do mar do Norte, entre a boca do Rin e a península de Xutlandia. Sometidos polos romanos baixo o Emperador Vespasiano, no s V uníronse aos saxóns nas actividades de comercio e piratería no mar do Norte. Resistíronse aos francos e ao seu intento de impoñer o cristianismo, pero a finais do s VIII foron definitivamente sometidos.
-
s
-
s
m
[LING]
Lingua que pertence ao grupo continental da familia xermánica do phylum indoeuropeo. Divídese en tres variedades: o frisón occidental, falado no N dos Países Baixos, o oriental, en certos redutos do antigo Oldenburg, e o setentrional, na illa de Helgoland, na costa de Slesvig ao N de Husum e nas illas da mesma costa ata Sylt. A lingua mantívose como uso administrativo ata finais do s XV e a partir dese momento foi gradualmente substituída polo holandés e o alemán. A variedade occidental desenvolveuse en forma literaria cara ao s XVII. En 2002 os falantes de frisón dominan outra lingua, a maioría o holandés ou o alemán. Utiliza o alfabeto latino.