Froude, número de

Froude, número de
[FÍS]

Parámetro adimensional dado pola relación entre unha velocidade V e a raíz cadrada do produto dunha lonxitude L pola aceleración da gravidade g, que representa a influencia dos fenómenos de gravidade nas características dunha corrente. Utilizouna inicialmente o enxeñeiro naval británico William Froude (1810-1879).

Palabras veciñas

frottage* | frottola* | Froude, James Anthony | Froude, número de | Froufe | frouma | frousada