frustración
(
-
s
f
Acción de frustrar ou frustrarse.
-
s
f
[PSIC]
Estado de quen queda privado dunha satisfacción que cre que lle corresponde e séntese defraudado nas súas esperanzas. A frustración pode deberse á falta dun obxecto ou ben ao encontro dun obstáculo inesperado no camiño da satisfacción dos desexos. As dificultades proveñen do ambiente ou do individuo. O obstáculo é subxectivo, e unha mesma situación pode ser vista como favorable por unha persoa e como frustrante por outra. As reaccións á frustración son variadas e dependen do axente frustrado, da súa personalidade e da súa natureza.
-
s
f
[DER]
Execución de todos os actos necesarios para producir un delito e, non obstante, non o producen por causas alleas á vontade do autor. É un estado intermedio entre a tentativa e a consumación, máis grave có primeiro e menos ca o segundo.