ftalimida
ftalimida
(< ftálico)
s
f
[QUÍM]
Imida do ácido ftálico. É un sólido incoloro que se obtén industrialmente mediante a saturación do anhídrido ftálico fundido con amoníaco seco e quente a 170-200°C e a presión. O seu sal potásico emprégase na síntese de Gabriel.